O día 19 de decembro fixemos unha saída a A Coruña, alí aos pés da Torre de Hércules sitúase o Acuarium Finisterrae. Tiñamos moitas gañas de ir xa que ao longo do trimestre a profe Miriam estivo ensinándonos moitas cousas sobre os peixes e que mellor que velos no seu medio.
Foi a nosa primeira viaxe longa mirade a nosa cara de emoción antes de sair de cole.
Xa no acuario unha monitora foinos ensinando os moitos peixes que hai nos inmensos acuarios: sardiñas, congros,doradas, mexilóns... Non vos podemos ensinar fotos xa que tiñamos que deixalos tranquilos e non deixan facelas.
Despois fomos a unha sala (Farmacuáticos) que nos chamou moito a atención a súa entrada, mirade que bonita. Alí hai especies que teñen interese biosanitario e a que non sabedes a que vimos, pois nada máis nin nada menos que a Nemo.
Tivemos a gran sorte de que mellorou o tempo e puidemos ver as focas comendo.
A continuación fomos á sala máis emocionante, a sala Naitilus onte puidemos ver o tiburón touro Gastón e miles de piexes máis. Nesta sala tiñamos que estar moi caladiños e non facer ruido para poder ver ao tiburón.Ese día Gastón non tiña moitas ganas de comer ainda que os buceadores o intentaron.
Os que si tiñamos ganas de merendar eramos nós que xa estabamos un pouco cansos, e nada mellor que unhas galletas. Que ricas!!!
E despois de repoñer forzas xa chegou ahora de marchar.
Se queredes saber máis de Acuarium Finisterrae podeses ir a súa páxina web pinchando na primeira foto.