Unha das actividades que tivemos ao longo do segundo trimestre foi un contacontos da editorial Kalandraka.
Recibimos a visita de Patri e Alex que nos fixeron pasar unha hora moi agradable. Contáronnos tres contos: "Os petos de Loreto", "A galiña Roxa" e "Gatiño e o balón". Non deixedes de buscalos.
É un contacontos moi especial porque mesturan o feito de contar un conto coa música que toca Alex no seu acordeón, de xeito que sempre acabamos bailando.
1 comentarios:
Que ben o pasáchedes! Nótaselles que lles gustou moito. Un bico.
Publicar un comentario