Hoxe é un día moi especial nas vosas casas chegaría Papá Noel e vos deixaría algún regaliño, si non foi así non vos preocupedes porque aínda quedan os Reis Magos .
Neste día tamén pode que pase o Apalpador que é un xigante de oficio carboeiro, que na noite de Nadal baixa ás aldeas para achegarse aos nenos e nenas mentres están durmidos. Coidadosamente, apalparlles as barriguiñas para ver se están ben mantidos. Logo de desexarlles que o vindeiro ano non pasen fame, marcha deixándolles unha morea de castañas quentiñas.
CHEGOU O APALPADOR
25 dic 2010
A VISITA AO BELEN
Aqui tedes as fotos da visita que fixemos ao "Belén de la Orden Tercera" de Ferrol. Esta foi a primeira saída e estaban moi emocionados. Como nós somos xa maoires axudanos aos de tres anos. Que gusto da ver aos maiores coidando dos máis pequenos.
MONTAMOS O BELÉN?
9 dic 2010
Mañá venres faremos unha saída didáctica ao "Belén de la Orden Tercera" de Ferrol. O motivo da visita é que os nenos e nenas coñezan e valoren unha obra de artesanía como é este Belén, así como ao seu autor. Si pinchades nas palabras subliñadas podedes atopar máis información sobre este Belén.
Como ao mellor vos entran as ganas de montar o voso Belen aquí tedes un xogo moi divertido. Pinchade na imaxe para poder xogar.
DÍA DA CONSTITUCIÓN
6 dic 2010

DEREITOS DOS NENOS E NENAS
20 nov 2010
Dende que o 20 de novembro de 1959, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobara a Convención sobre os Dereitos dos Nenos, institucionalizouse ese día como o Día Internacional dos Dereitos do Neno.
Nos no cole levamos estos meses traballando os dereitos dos nenos e nenas coa profe Pili e seguiremos traballando ao longo do curso. Xa vos ensinaremos o resultado do noso traballo.
Como sei que vos gusta moito cantar aquí tedes este video que fixo unha compañeira miña que se chama Ana e que está no CEE Terra de Ferrol. Moitas grazas Ana polas túas aportacións.
Espero que vos guste. FELIZ DÍA DOS DEREITOS DO NENO!!!
A FESTA DO MAGOSTO
11 nov 2010
O pasado venres foi un día moi especial para todos nós. Celebramos o Magosto no Cole que está en Catro Camiños.
Era a primeira vez que subíamos e o pasamos moi ben. Durante todo o día estivemos alí facendo un montón de actividades que as profes nos prepararon.
Primeiro tivemos a visita da fada Douradiña coa que estivemos xogando cos nenos e nenas de primeiro e segundo, despois fomos ao patio. Cando xa estabamos un pouco cansos fomos recoller uns diplomas na biblioteca pola nosa participación na decoración con máscaras terroríficas e despois volvimos ao patio para degustar unhas riquísimas castañas asadas.
Que festa máis divertida!!!! Aquí tedes a mostra.
Días antes de participar nesta festa nós no cole de Apelón fixemos un obradoiro de colares coas castañas que nesa ocasión eran cocidas.
Mirade que ben os fixemos.
XA CHEGA O SAMAÍN!
25 oct 2010
Na noite do 31 de outubro celebramos a festa do Samaín. Con esta festa os celtas conmemoraban o Aninovo. Era tanto unha festa de transición (o paso dun ano ao outro) coma a apertura ao outro mundo.
Nós estos días no cole estivemos facendo máscaras e decorando o cole con cabazas terroríficas e tamén aprendendo unha canción.
Aquí vos deixo o video da canción para seguir practicando.
Come sei que vos gusta moito a canción dos esqueletes aquí tedes o video que nos serve para repesar os números.
AQUÍ ESTAMOS!!
20 oct 2010
Ola somos os nenos e nenas de cinco anos do C.E.I.P Unión Mugardesa. Os presentamos A XANELA DE INFANTIL por onde podedes mirar, de cando en vez, as actividades que imos facendo no cole. Esperamos que vos gusten.