Esta é a última entrada pendente do primeiro trimestre, e xa sabedes que este o rematamos coa festa de Nadal. Foi un día moi atarefado para nós, o primeiro que fixemos foi escribir a carta ao Apalpador.
Despois de facer as cartas tocaba entregarllas oa Apalpador, tedes que disculpar a calidade das fotos pero apuraban tanto para metelas no saco que algún parecía que quería escapar.
O seguinte que fixemos foi merendar cos productos típicos destas datas aportados polas familias. Moitas grazas pola vosa colaboración.
Para o espectáculo solicitou a axuda dalgún neno ou nena e foi a nosa compañeira Jimena a seleccionada.
Gustounos tanto o Mago que case non pestanexamos.
1 comentarios:
Vese que tivéchedes unha mañá moi intensa e tamén que disfrutaron moitísimo. Unha aperta.
Publicar un comentario