Temos a sorte que este ano na aula na que estamos ten unha pizarra dixital polo tanto non temos que baixar a aula de psicomotricidade para facer actividades nela.
Hoxe tocounos escribir os nosos nomes e facer algunha ficha.
ESCRIBIMOS NA PIZARRA
15 sept 2014
Etiquetas:
Comezo do cole,
pizarra dixital
ANIVERSARIOS DE VERÁN
12 sept 2014
Hoxe para rematar os nosos primeiros días de volta ao cole que mellor que facelo coa festa de aniversario dos nenos e nenas que cumpliron durante o verán.
Etiquetas:
aniversarios 2014-2015
XOGO POR RECUNCHOS
Queremos abrir a nosa xanela para que vexades as cousas que facemos durante a volta ao cole.
Durante o segundo día ademais de facer algún traballo individual tivemos tempo para xogar por recunchos. Como xa somos maiores respetamos as normas de cada recuncho e o espacio de cada un.
PUZZLES
CONSTRUCCIÓNS
COCHES
ANIMAIS
FERRAMENTAS
XOGO SIMBÓLICO
PIZARRA
Etiquetas:
Comezo do cole
XA ESTAMOS NA CLASE DE 5 ANOS!!!
10 sept 2014
Hoxe comezamos o cole, estabamos algo nerviosos e impacientes.
Foi un día cargado de novedades a primeira delas foi a nosa clase xa que agora estamos na clase de 5 anos.
Durante o verán tres compañeiras de clase tiveron a visita de Rato Pérez.
Hoxe tamén era o día axeitado para estrear: roupa, zapatos...
Tamén tivemos tempo para falar de todo o que fixemos durante o verán, xogar nos recunchos, no patio e traballar un pouco.
Etiquetas:
Comezo do cole
COMEZO DO CURSO 2014-2015
4 sept 2014
O vindeiro mércores, día 10 de setembro, comezará o novo curso escolar co seguinte horario:
Educación infantil de 9:00h a 14:00h
Funcionarán dende este día os servizos de transporte e comedor.
Etiquetas:
Avisos
PREPARANDO A VOLTA AO COLE
2 sept 2014
Xa quedan poucos días para o comezo do curso e coma sempre realizaremos unha reunión informativa. Procurade non traer aos nenos/as xa que non dispoñemos de mestra de apoio polo momento para que poida atendelos mentres dura a reunión. Espérovos a todos/as.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)