CONSTELACIONES
17 nov 2014
O MAGOSTO
16 nov 2014
O pasado venres 7 de novembro celebramos a festa do Magosto no cole. Foi unha xornada chea de actividade.
O primeiro que fixemos foi xuntarnos cos compañeiros de primeiro e de segundo na biblioteca onde a profe Pili contounos un conto no que os protagonistas eran Douradiña e Dominicus e os seus amigos que ían a celebrar tamén un Magosto coma nós.
Era un conto moi especial xa que cada amigo de Douradiña levaba algo para a festa e os maiores realizaban uns puzzles cunhas pezas chamadas Tangram facendo o número correspondente.
Para rematar o conto aprendimos unha canción.
A seguinte actividade foi a realización duns xogos no patio cuberto.
Xa chegaba a hora de comer as castañas pero antes tiñamos que decorar os nosos cucuruchos.
E por fin as ansiadas castañas asadas. Que ricas!!!
COLARES DE ZONCHOS
10 nov 2014
Como preparativo á festa do Magosto o pasado xoves 6 de novembro fixemos un obradoiro de colares de zonchos.
Aproveitamos para contar e traballar as decenas e facer sumas sinxelas. Primeiro contamos unha decena de castañas e como tiñamos que ter doce fixemos a pregunta ¿cantas castañas necesitamos? A resposta non tardou e rápidamente dixeron que necesitabamos dúas.
Coas castañas xa listas quedaba o de enfialas.
"COMECASTAÑAS"
6 nov 2014
Mañá celebraremos no cole o Magosto. Durante a semana estivemos traballando sobre as castañas e decidimos facer esta manualidade, un comecastañas. Mirade que chulos quedaron.