O pasado 16 de xuño realizamos a visita didáctica a Marcelle Natureza.
Ao chegar o primeiro que fixemos foi deixar as nosas mochilas nunha furgoneta e despois coñecer a monitora que nos acompañou toda a xornada.
Vimos moitos animais...
Incluso algún dos que traballamos ao longo do curso coma os canguros.
Un dos que máis nos gustou foi Tito, o oso.
Tamén había esculturas.
Tivemos que percorre todo o parque atendendo as explicacións da monitora.
Así que foi o momento de sacarmos unha foto de grupo.
E xa a comer...
Tiñan moita fame foi unha das veces que tan ben os vin comer.
Carmen quería que lle sacara unha foto para demostralle a súa nai que comeu todo.
E despois dunha xornada tan movidita chegou o momento de marchar así que a recoller as nosas mochilas e xuntarnos para cantar a canción que nos ensinaron.
0 comentarios:
Publicar un comentario