A primeira saída que realizamos no cole de maiores soe ser moi emocionante independentemente onde a fagamos porque unha cousa que lles gusta moito aos nenos e nenas é ir no autobús. Mirade que cariñas...(incluso para os que nunca foron)
Cando chegamos ás Fragas demos un paseiño para desfrutar do entorno.
Parámonos para observar o río Eume.
Chegamos ata o aparcadoiro e alí continuamos desfrutando collendo castañas, follas, escoitando os paxariños...
Que mellor que aproveitar o outono para visitar as Fragas do Eume. Nesta época do ano hai unha gran variedade de cores na súa paixase. Mirade que fotos mais bonitas, incluso o río Eume parecía un espello.
Despois do paseo necesitabamos repoñer forzas.Para iso sentámonos nun merendeiro para tomar un bocado de pan.
Para terminar a nosa visita percorrimos a exposición sobre as fragas que hai no Centro de Interpretación das Fragas do Eume.
0 comentarios:
Publicar un comentario