O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar da non violencia e a paz. Anteriormente a celebración estivemos traballando no cole o cadro "Juegos de niños" de Brueghel.
Unha actividade foi buscar os diferentes xogos que estaban representados no cadro.
Tamén dibuxamos os xogos.
E o que máis nos gustou foi facer o noso propio cadro. Nesta ocasión foi un cadro colectivo xa que todo o cole participou.
E este foi o resultado.
O cadro pódese titular Nenos e nenas xogando en Mugardos.
Coma estivemos traballando diferentes xogos que mellor que celebrar o Día da Paz xogando.
Xogos de equilibrio.
Xogos con aros.
Xogo do pano.
Xogos coa corda.
Pita cega.
Coma era un día de festa tiñamos que ter música e nesta ocasión foi a canción Apertas que voan.
Para rematar a xornada festiva descubriuse unha placa conmemorativa do centenario do cole diante do carballo plantado o día 2 de outubro de 2011.
E xa como remate final unha solta de globos.
Foi unha xornada moi intensa e divertida.
0 comentarios:
Publicar un comentario