Coa chegada da primavera chegaron a nosa clase os gusanos de seda. Realmente ao principio eran tan pequeniños que nos lles faciamos moito caso pero foron comendo follas de moreira e cada vez fixéronse máis grandes e xa os podiamos coller.
Un día cando os fomos a ver había unha bola na caixa dos gusanos, que estaba a pasar? Pois que un gusano fixo unha casiña que se chama casulo onde vai a tranformarse en bolboreta.
Xa temos varios casulos e agora temos que esperar entre dúas ou tres semanas para que saian as bolboretas. Esperemos ter sorte e poder velas antes de que remate o cole.
0 comentarios:
Publicar un comentario