O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Carlos Casares Mouriño.
Nós para conmemorar ese día tivemos varias actividades, a primeira foi a visita de Dominicus que através dun xogo de pista foinos descubrindo o escritor homenaxeado.
Tiñamos que buscar nas bolsas que estaban colgadas as pistas que nos preparou Dominicus.
E despois de descubrir que era Carlos Casares e atopar o libro del A Galiña Azul, no medio do libro había unha invitación para un contacontos.
A segunda actividade foi o contacontos A Galiña Azul por parte da asociación cultural Apelón. Foi unha maneira moi orixinal de contarnos un conto
Despois tocou facerse unha foto de Galiña Azul
0 comentarios:
Publicar un comentario