Durante todo o curso estivemos participando no proxecto de centro No corazón do bosque coma homenaxe a Agustín Fernández Paz.
No mes de abril xuntámonos os nenos e nenas de infantil cos de primeiro e segundo de primaria para investigar sobre o río Eume.
O primeiro que fixemos foi preguntarnos: que sabemos? Nunha xuntanza colectiva demos resposta a esta pregunta e a profe Pili foi anotando todas as nosas aportacións.
Despois preguntámosnos que queremos saber?. Nesta ocasión foi a profe Ruth a que anotou as nosas inquedanzas.
Agora tiñamos que aportar información para dar resposta a estas preguntas e coa colaboración das nosas familias trouxemos ao cole un montón.
Con todo este material tivemos que organizarnos e a nós tocounos os animais que habitan nas fragas do río Eume.
Para coñecer estos animais a profe leunos a información que atopou no material aportado e fixemos uns puzzles coas súas fotos.
Como xa sabiamos características dos animais traballados fomos a contarllo aos nosos veciños de catro anos.
0 comentarios:
Publicar un comentario