VOTO DE CHANTEIRO 2012

24 may 2012


O vindeiro martes 29 de maio celébrase a festa local do concello de Mugardos coñecida como O Voto de Chanteiro. Conta a historia que a mediados de 1404 declarouse unha peste na comarca que remitiu gracias a intercesión da Virxen da Merced, situada na ermida de Chanteiro. Dende aquela, todos os martes de Pentecostés, os veciños levan unha ofrenda a Virxen que consiste nunha flor, a flor de Chanteiro. Disfrutade dese día festivo e recordade que o luns 28 tampouco temos clase xa que é o día non lectivo elexido polo centro.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

16 may 2012

Mañán conmemoramos os 50 anos da primeira celebración do Día das Letras Galegas. 
No ano 1963 os membros da Real Academia Galega decidiron declarar cada 17 de maio como día das nosas letras xa que nesa data conmemorábasa a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos". Ela foi a primeira á que se lle adicou ese día e este ano adícase a figura de Valentín Paz Andrade. 
Nós estes días estivemos coñecendo cousas sobre el coas nosas profes e para festexar a data fixemos os banderíns que tan contentos levamos hoxe para casa.
Aquí vos deixo as fotos de como os fixemos e o concentrados que estabamos facéndoos.




DÍA DA FAMILIA

15 may 2012

Hoxe celébrase o día internacional das familias. Dende o ano 1993 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas elexiu o 15 de maio para conmemorar esta data co fin de aumentar o grado de concienciación acerca dos temas relacionados coa familia así como fomentar os lazos familiares.
Gracias ao blog Aula Tic, onde hai unha gran variedade de recursos, podemos xogar con Pelayo e a súa pandilla e aprender máis sobre as familias. Espero que vos guste.



 Feliz día a todas as familias!!!

9 DE MAIO: DIA DE EUROPA

9 may 2012

Hoxe celebramos o Día de Europa, para lembrar que un 9 de maio de 1950, o ministro Schuman presentou unha proposta coñecida como "Declaración Schuman" para construir unha Europa unida pola paz. 
Feliz día a todos os europeos!!!.
Nós imos aprender cal é a bandeira de europa e o seu himno gracias a miña amiga Ana Martínez  e ao seu blog AulaTic que fixo estas actividades.

DÍA DA NAI

6 may 2012



Hoxe recibíchedes dos vosos fillos e fillas un agasallo que estiveron preparando durante toda a semana pasada. Xa que lles estaban quedando moi chulos pensamos nun envoltorio que tamén fixeran eles e así foi, a partir dunha plantilla que tiveron que recortar e despois simplemente dobrar e pegar elaboramos estas caixinas tan bonitas. Esperamos que vos gustaran moito. Bicos para todas as nais

Aquí tedes parte do proceso para facer as caixas. Recordade que podedes ir aos outros blos de Apelón (Os pequerrechos de Apelón, Un recanto con encanto e A escola de Apelón) si queredes ver mais.



Eu tamén quero celebrar o día da nai con esta canción que me gustou moito. Bicos para todas as nais.



XOGAMOS COS TIBURÓNS

2 may 2012





Os nenos e nenas de tres e catro anos levan uns días investigando sobre os tiburóns. Como xa saben moitas cousas sobre eles e lles gusta ir a pizarra dixital para aprender xogando aquí teñen unhas actividades que tamén poden facer na casa. Espero que vos gusten e seguide investigando!.



http://dl.dropbox.com/u/77078177/tiburons/os_tiburons.html

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.