DÍA DAS ENFERMIDADES RARAS

29 feb 2012

Hoxe 29 de febreiro é o día internacional das enfermiades raras ou pouco frecuentes. 
Este ano está centrado na solidaridade e nós participamos traendo das nosas casas tapóns de plástico. Xa levamos varios cestos cheos de tapas, hoxe a primeira hora había moi poucos pero xa ás nove e media estaba como o vedes, case cheo!!!. 
Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración na recollida de tapóns solidarios.

XA É ENTROIDO

19 feb 2012


Xa estamos no Entroido. Tardábanos moito esta festa pois levabamos uns días preparando todo para ela e estabamos moi inquedos.
Como xa sabedes íamos disfrazados do mar da ría de Mugardos e moi característico dela é a súa lancha por eso decidimos adornar as nosas cabezas cunhas viseiras mirade como foi o noso traballo.







E por fín chegou o venres e o día do desfile polas rúas. Pásamolo moi ben. Agradecer a todos os pais e nais que nos acompañaron e axudaron.




Recordade que nos outros blog do cole podes ver máis fotos.

XOGO DO PEIXIÑO

13 feb 2012


Xa que imos ir disfrazados da Ría e a nós tócamos ir de mar aquí temos un xogo relacionado. 
O peixiño ten que comer só vermes de cor vermello, se comes un verde perdes. Ten moito coidado co peixe violeta que te pode comer. Podes conquerir puntos extra se colles os diamantes do cangrexo. Para xogar pinchade en NEW GAME.


MAIS ENTROIDO

10 feb 2012


Aquí tedes un novo xogo para o Entroido. Podedes ir facendo diferentes disfraces con só cambiar as partes do debuxo. Pinchade na imaxe e a xogar.

TEMPO DE ENTROIDO

5 feb 2012


Como estamos moi preto de celebrar o Entroido imos preparándonos para esta festa tan divertida facendo caras, pódese xogar de tres maneiras distintas: Xogo libre (facendo a cara como queirades),Repite a cara (imitando o modelo) e Antes do límite (imitando o modelo nun tempo determinado). Pinchade na imaxe e a disfrutar.

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

2 feb 2012

 
Mirade que guapos e guapas estabamos o luns día 31 de xaneiro para celebrar o Día Escolar pola Paz.


Todos preparados coas nosas viseiras para sair cara a Catro Camiños onde nos esperaban os maiores.



Costa un pouco subir pola rúa Apelón pero pouco a pouco imos chegando.




Xa no cole estivemos moi atentos as 101 fotos que nos mandaron os nenos e nenas do Sahara aos que lles mandaramos material (lapis e libretas). Eles ensináronnos como viven e o Bubisher, un camión biblioteca. Tamén vimos un traballo sobre Gandhi e por último cantamos a canción que estiveramos preparando estos días "Que canten los niños". Que ben o fixemos!!!!



Despois de pasar parte da xornada no cole de Catro Camiños marchamos cara Apelón. 
Xa nos está tardando para que chegue outra oportunidade de estar todos xuntos. Ata a próxima.



Como vedes tiñamos unhas viseiras con forma de pomba. O proceso de elaboración foi o seguinte: Primeiro picamos as ás, despois as coloreamos do noso color preferido e por último as recortamos. Aquí vos deixo as fotos por grupos.






Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.