ANIVERSARIO DE OUTUBRO

22 oct 2013

O pasado venres,18 de outubro, celebramos no cole o aniversario de Carmen
 




Moitas felicidades!!! Xa tes 4 años!!!

ESCOLA DE MÚSICA DE MUGARDOS.

21 oct 2013

O pasado xoves tivemos unha visita moi especial a profe Laura da escola de música do concello de Mugardos. Mirade que ben o pasamos.









MENUDA VISITA

12 oct 2013

Xa se nota que os nenos e nenas de tres anos están adaptados ao cole que decidiron facernos unha visita. 
Non pensedes que é unha cousa fácil para eles xa que teñen que subir as escaleiras e aceptar aos outros nenos,que ainda que xogan con eles no patio, nun  espacio como o da aula os podían agobiar un pouco. Estaban abraiados e penso que o que máis lles gustou foi a casiña.





Ata cando queirades voltar a facernos unha visita.

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

9 oct 2013

O último día do mes de setembro celebramos o aniversario de tres compañeiros: Eva , Icía e Marco.



 Moitas felicidades!!!.Xa tedes 4 anos!!!

ANIVERSARIOS DE VERÁN

8 oct 2013

Durante os meses de verán varios compañeiros estiveron de aniversario: Ania, Mishelle, Anxo e Micaela
Dende o noso blog os felicitamos no seu día pero agora que xa estamos no cole que mellor que facelo todos xuntos. 




Moitas felicidades!!!. Xa tedes 4 anos!!!

OS PRIMEIROS DÍA NO COLE

5 oct 2013

Xa estamos na clase de catro anos!!! 
É unha clase que lles gusta moito xa que ten unha casa que parece de verdade. 


 



Durante a primeira semana de volta ao cole estivemos xogando nos diferentes recunchos e aprendendo o novo funcionamento da clase.




 








FESTIVAL FIN DE CURSO 2013

3 oct 2013

Tedes que perdoar o retraso, pero co comenzo do curso hai que preparar moitas cousas. 
Xa tedes aquí unha das entradas que mais me gusta, a do Festival de fin de curso. Mirade que formales estaban no escenario.

  

A súa actuación foi a canción o xogo da carrasquiña. O fixeron moi ben.







E para os que se perderon a nosa actuación aquí tedes o video.
 



E como son uns verdadeiros artistas tamén cantaron unha canción en inglés.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.