FESTIVAL FIN DE CURSO

30 jun 2015

Para rematar o curso preparamos coa colaboración da profe de música, Paula a canción Paco Papán para a actuación no festival.





PICNIC

29 jun 2015

Despois de vir de Catro Camiños de ver o teatro coma na nosa clase ía moita calor que mellor que merendar no patio e coma os xoves temos pan era moi doado facelo. Pasámolo moi ben, incluso xogamos a varios xogos coma A zapatilla por detrás e ao Lobo.








CANTOS CONTOS CONTAS

O día anterior a rematar as clases a A.N.P.A tiñanos preparada a obra de teatro e monicreques Cantos Contos Contas de Titereficciós.






















EXCURSIÓN FIN DE CURSO

28 jun 2015

O pasado 16 de xuño realizamos a visita didáctica a Marcelle Natureza












Ao chegar o  primeiro que fixemos foi  deixar as nosas mochilas nunha furgoneta e despois coñecer a  monitora que nos acompañou toda a xornada.


Vimos moitos animais...




Incluso algún dos que traballamos ao longo do curso coma os  canguros.








Un dos que máis nos gustou foi Tito, o oso.

Tamén había esculturas.


Tivemos que percorre todo o parque atendendo as explicacións da monitora.





Chegou o momento de repoñer forzas pero antes tiñamos que lavar as máns...

Así que foi o momento de sacarmos unha foto de grupo.


E xa a comer...






Tiñan moita fame foi unha das veces que tan ben os vin comer. 
Carmen quería que lle sacara unha foto para demostralle a súa nai que comeu todo.

E despois dunha xornada tan movidita chegou o momento de marchar así que a recoller as nosas mochilas e xuntarnos para cantar a canción que nos ensinaron.



Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.