O CÚ DA RAIÑA

27 ene 2014


Unha das actividades realizadas durante o primeiro trimestre foi o conto por parte dos nenos e nenas maiores do cole da lenda "o cú da raiña":
En 1690, a princesa Mariana de Neoburgo veu a contraer matrimonio co rei de España Carlos II. Por mor do mal tempo, tivo que desembarcar nesta pequena rocha redondeada, que desde entón se coñece por ese nome. En recoñecemento á calurosa acollida dos mugardeses á futura raíña, o rei eximíu aos seus habitantes do servicio militar e concedeu o título de Real Villa ao pobo, descoñecendo que xa o seu avó, Felipe IV, o fixera antes. É por iso que Mugardos é Real Vila dúas veces e por iso luce dúas coroas no seu escudo.

Que gusto da ver aos maiores contándolle historias aos pequenos.









CENTRIFUGANDO

14 ene 2014

Unha das actividades que fixemos o trimestre pasado e que nos gustou moito foi a de centrifugar follas.

Temos que agradecerlle á profe Ana Martínez do blog Aula Tic que fixo esta actividade con seus nenos e nenas e a compartiu cos demais. 

Vos preguntaredes como se fai, pois moi sinxelo necesitamos unha centrifugadora, follas de papel (mellor cartolina xa que o papel quedou pegado na centrifugadora) e témperas de cor amarelo, vermello e marrón xa que eran follas de outono.



E a dar voltas, e voltas....


Non se aprecia moito pero quedaron moi chulas.


 

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

13 ene 2014

No mes de novembro estiveron de cumple SamuelTomás. Coma sempre fixemos a festa no cole.
Agora xa poden dicir que somos a clase de catro anos.



MOITAS FELICIDADES!!! 
XA TEDES 4 ANOS!!!

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.