ANIVERSARIOS DE XANEIRO

18 ene 2013


Cando regresamos das vacacións de Nadal dúas compañeiras xa tiñan 4 anos. Son Carlota que cumpliu o día 1 e Mónica que cumpliu o día 6. 
Hoxe celebramos a festa de cumple no cole.
Moitas felicidades ás dúas!!!!

MOITAS GRAZAS MIRY

17 ene 2013

Queremos agradecer a profe Miriam todo o traballo realizado ao longo do primeiro trimestre.
Nunca esqueceremos o que nos ensinaches!!!
Esperamos a túa visita

EXPOSICIÓN DE PINTURA


O día 18 de decembro aconteceu algo moi especial en Apelón. A sala de psicomotricidade era unha verdadeira sala de exposicións, alí os nosos pequenos artistas reproduxeron obras de Monet (Os nenúfares), Kandinsky (Algúns círculos) e Picasso (Dora Maar e Guernica).






Así foi como os artistas de tres anos fixeron os seus cadros:




NADAL RECICLADO

16 ene 2013



Como cada ano colaboramos coa asociación de comerciantes do concello de Mugardos para realizar adornos navideños con material reciclado. Mirade que bonita quedou a nosa árbore de Nadal. 
Moitas grazas as familias pola vosa colaboración aportando as botellas de plástico que necesitabamos.
 


VISITA AO ACUARIUM FINISTERRAE

14 ene 2013

O día 19 de decembro fixemos unha saída a A Coruña, alí aos pés da Torre de Hércules sitúase o Acuarium Finisterrae. Tiñamos moitas gañas de ir xa que ao longo do trimestre a profe Miriam estivo ensinándonos moitas cousas sobre os peixes e que mellor que velos no seu medio.
Foi a nosa primeira viaxe longa mirade a nosa cara de emoción antes de sair de cole.




Xa no acuario unha monitora foinos ensinando os moitos peixes que hai nos inmensos acuarios: sardiñas, congros,doradas, mexilóns... Non vos podemos ensinar fotos xa que tiñamos que deixalos tranquilos e non deixan facelas.

Despois fomos a unha sala (Farmacuáticos) que nos chamou moito a atención a súa  entrada, mirade que bonita. Alí hai especies que teñen interese biosanitario e a que non sabedes a que vimos, pois nada máis nin nada menos que a Nemo.




Tivemos a gran sorte de que mellorou o tempo e puidemos ver as focas comendo.


A continuación fomos á sala máis emocionante, a sala Naitilus onte puidemos ver o tiburón touro Gastón e miles de piexes máis. Nesta sala tiñamos que estar moi caladiños e non facer ruido para poder ver ao tiburón.Ese día Gastón non tiña moitas ganas de comer ainda que os buceadores o intentaron.





Os que si tiñamos ganas de merendar eramos nós que xa estabamos un pouco cansos, e nada mellor que unhas galletas. Que ricas!!!



E despois de repoñer forzas xa chegou ahora de marchar. 


Se queredes saber máis de Acuarium Finisterrae podeses ir a súa páxina web pinchando na primeira foto.

FELIZ 2013

1 ene 2013


A Xanela de Infantil deséxalle a toda a comunidade educativa do C.E.I.P Unión Mugardesa un Feliz Ano 2013.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.