TEATRO: ROSA CARAMELO

28 nov 2016

O mes de novembro o temos cargado de actividades nesta ocasión fomos ao teatro a Narón a ver a obra: Rosa caramelo e outras historias. Baseada nos libros de Adela Turín publicados por Kalandraka que nos serven para reflexionar sobre a igualdade de xénero. Non deixedes de contarllos aos vosos fillos e fillas.










Nós no cole contamos o conto e buscando na rede atopamos o seguinte video.


MAGOSTO

24 nov 2016

Outra das festas do mes de novembro é o Magosto. Este ano o celebramos o día 11. Foi unha xornada moi divertida. Como xa vos contamos noutra entrada tamén celebramos o Día do peón.
Fixemos un mural








Decoramos os nosos cucuruchos.



Disfrutamos da actuación de Paco Nogueiras.





E por último degustamos unhas riquisimas castañas.








ÁRBORE DE OUTONO

22 nov 2016

Metidos xa de cheo no outono os mostramos a nosa árbore. Mirade como a fixemos e que bonita nos quedou.










POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO

21 nov 2016


O 11 de novembro celebramos o dia do peón, para iso o primeiro que tivemos que facer foron os peóns xa que coma somos pequenos non podemos bailar peóns de verdade. Mirade coma os fixemos con tapóns de plástico e un escarbadentes.










Despois tiñamos que probalos.
















E por último chegou o momento de bailalos todos xuntos na pista. 







Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.