DÍA DO PAI

18 abr 2013


Para celebrar o día do pai fixemos unhas medallas moi especiais, están feitas con moldes de magdalenas. 

Fixádevos no concentrados que estaban escribindo PAPÁ. 
Esperamos que vos gustaran.



ANIVERSARIO DE MARZO


No mes de marzo celebramos o aniversario de Lucas. Coma sempre fixemos unha festa e agasallámoslle cun libro de debuxos. Moitas felicidades!!!


CONTACONTOS NO COLE

11 abr 2013

Unha das actividades que tivemos ao longo do segundo trimestre foi un contacontos da editorial Kalandraka.
Recibimos a visita de Patri e Alex que nos fixeron pasar unha hora moi agradable. Contáronnos tres contos: "Os petos de Loreto", "A galiña Roxa" e "Gatiño e o balón". Non deixedes de buscalos.



É un contacontos moi especial porque mesturan o feito de contar un conto coa música que toca Alex no seu acordeón, de xeito que sempre acabamos bailando.




ANIVERSARIOS FEBREIRO

7 abr 2013

No mes de febreiro celebramos o aniversario de Daniela e de Javier.


Coma sempre fixemos o noso agasallo para eles, decoramos as coroas e sopramos as velas da nosa "tarta".


DÍA DA PAZ

Este ano o Entroido foi tan cedo que case xúntase coa celebración do Día da Paz (30 de xaneiro), polo que o referente a ese día xa estaba pendente de publicar.

Para conmemorar ese día fixemos varias actividades.
A primeira delas foi a de facer uns corazóns entrelazados para levar para a casa. E vos preguntaredes por que os fixemos, pois foi a partir da lectura do conto "Colores que se aman"
















A segunda das actividades que fixemos foi a de pintar unha folla e estampar nela a palabra AMOR para confeccionar unha árbore entre todos os do cole con palabras de paz.

A última das actividades penso que lles gustou moito xa que era a de realizar un mural no cole de Catro Camiños.



FESTA DO ENTROIDO

A primeira entrada para poñernos ao día é a da festa do Entroido.
Despois de todos os preparativos na confección do noso disfrace esperabamos ese día con moita ilusión. Antes do desfile polas rúas de Mugardos tocaba coller folgos e nada mellor que uns dulces propios de tempo: orellas, freixos, rosquillas. 




Como sabedes o tempo non axudou e tivemos que voltar para Apelón pero sempre temos preparada unha segunda opción. As profes Ruth e Raquel viñan dispostas cos seus instrumentos para facernos un pasarúas moi particular.

POÑÉNDONOS AO DÍA

4 abr 2013


Levo xa un mes sen actualizar o blog porque dende o Entroido que collín unha gripe non me dou recuperada. Xa pasei por febre, tos, mocos, sinusite e agora por último dor de gorxa. Espero que coa chegada da primavera xa se pasen todos. 
Intentarei durante os seguintes días ir actualizando as diferentes entradas. (Se non pillo calquera outro virus ou bacteria). Un saúdo
 

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.