Esta semana vai de teatro. Onte tivemos no cole a representación da obra "O país dos mandóns" baseado no conto do mesmo nome de Cristina Justo e Paloma Rodríguez e tamén facendo mención a outros dous libros desta autora O segredo de Flora e A urna dos desexos. Estos tres contos son os primeiros dunha colección A igualdade conta que nos serven para traballar este tema na educación infantil.
A partir destas dúas representacións de teatro imos realizar unha elección. Como xa puidéchedes ver no cole temos os carteis electorais, xa colocamos o censo e mañá será o día decisivo. Cal das dúas obras será a que máis nos gustou?