A noite antes de Nadal
XA CHEGA O NADAL!!!!
18 dic 2011
A noite antes de Nadal
DÍA DA CONSTITUCIÓN
6 dic 2011
A GAÑADORA É.....
5 dic 2011
MAIS TEATRO
30 nov 2011
SAÍDA AO TEATRO
24 nov 2011
Esta obra conta a historia dun home que se atopa cun gato que fai muu, un can que miaña, unha vaca que fai cua-cua e un pato que ladra.
Aquí tedes a ficha técnica da obra.
Tamén imos visitar a Biblioteca de Narón e o Centro Comercial Narón. Como vedes imos aproveitar a saída ao máximo.
FELIZ DÍA DO NENO
20 nov 2011
Hoxe celébrase o Dia universal dos dereitos dos nenos e nenas. Dunha maneira divertida Pocoyo ensínaos, pinchade na imaxe para velos. Moitas grazas ao blog AULA TIC por atopar tantos recursos e compartilos cos demais.
POLO SAN MARTIÑO....
11 nov 2011
Dunha maneira moi sinxela podemos frabricar os nosos propios peóns, xa que polo de agora os de madeira son un pouco perigosos para vós.
Espero que pasedes unha tarde entretida cos vosos pais facendo estes sinxelos peons e a disfrutar do día!!!
Necesitamos:
Tiras de papel de cores duns 60 cm
Pegamento
Palillos
Pegamos a tira de papel xusto na punta do palillo, imos envolvendo e apretando ben e ao final poñemos pegamento. Seguimos engadindo mais tiras ata ter un disco duns 3 cm. e xa temos o noso peón de papel!!
Si tedes algunha dúvida pinchade na imaxe e poderedes ver o proceso.
FESTA DO MAGOSTO
2 nov 2011
Agora os deixo unhas fotos de todo o que traballaron os nenos e nenas.
TEMPO DE SAMAÍN!!
26 oct 2011
O 31 de outubro celebramos o Samaín. Como temos uns días de descanso deixovos unha serie de xogos, sacados dos blogs da miña amiga Ana AULA TIC e MEDRANDO XUNTOS, para disfrutar desta festa.
Se queredes ver o que fixemos o ano pasado clica na cabaza.
PRIMEIRO ANIVERSARIO
20 oct 2011
Como podedes ver o grupo de tres anos está incompleto, faltan 5 nenos e nenas, xa se sabe que os virus empezan a facer das súas. Cando estean todos e todas faremos outra foto.
COMEZO DAS CLASES
8 sept 2011
O próximo día 12 de setembro comezan as clases.
Ese día farase a reunión coas familias que será as 11:30
FELICES VACACIÓNS!!!
22 jun 2011
Que disfrutedes das vacacións e recordade que é un bo momento para xogar cos vosos pais.
Bicos para todos e xa nos verenos de cando en vez nos "Catro Camiños"
XA CHEGOU!!!!
1 abr 2011
Por fin!! Hoxe recibin a vosa carta. O correo parece que vai un pouco lento xa que vós mandáchedes a carta o día 23 de marzo e eu a recibo o día 1 de abril. Ni que Mugardos e Neda estiveran moi lonxe.
Púxenme moi contenta, que guapas eran as xoaniñas verdes!!.
Moitas grazas por acordaros de min.
Bicos para tod@s.
RECUPERÁNDOME!!
24 feb 2011
Como sabedes estou enferma e pouco a pouco vou recuperándome pero aínda me queda.
Teño moitas ganas de veros.
Moitas grazas as profes Elvira, Ruth e Pili, así como aos demáis compañeiros e compañeiras do cole por preocuparse por min.
Bicos a todos e todas.