O XOGO DA CARRASQUIÑA

14 jun 2012

Toca agora o turno dos nenos e nenas de cinco anos. Un dos bailes que aprendimos e que lles gusta moito é O Xogo da Carrasquiña. Este baile está sacado do libro Na punta do pé,  o primer traballo do grupo Pesdelán. Se tedes ocasión non deixedes de botarlle unha ollada e como non, de bailar as súas danzas.


Outro xogo co que o pasamos moi ben foi o do tunel. Nesa ocasión dividimos a clase en dous grupos, os amarelos e os azuis e fixemos uns túneles humanos, gañaba o grupo que fixera o túnel mellor. Quen pensades que foi o gañador?

1 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Que ben o pasades! Encantoume o baile. Están feitos uns bailaríns de primeira. Un biquiño.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.