A FESTA DE NADAL

3 feb. 2014

Esta é a última entrada pendente do primeiro trimestre, e xa sabedes que este o rematamos coa festa de Nadal. Foi un día moi atarefado para nós, o primeiro que fixemos foi escribir a carta ao Apalpador. 








Despois de facer as cartas tocaba entregarllas oa Apalpador, tedes que disculpar a calidade das fotos pero apuraban tanto para metelas no saco que algún parecía que quería escapar.











O seguinte que fixemos foi merendar cos productos típicos destas datas aportados polas familias. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Coas enerxías cargadas o que nos esperaba era a actuación dun Mago.


Para o espectáculo solicitou a axuda dalgún neno ou nena e foi a nosa compañeira Jimena a seleccionada.





Gustounos tanto o Mago que case non pestanexamos.  



E xa para rematar a xornada que mellor que facernos unha foto con Papa Noel.










1 comentarios:

Ana Martinez dijo...

Vese que tivéchedes unha mañá moi intensa e tamén que disfrutaron moitísimo. Unha aperta.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.