Unha das cousas que máis nos gusta son os contacontos e a semana pasada tivemos dúas sesións.
A primeira a realizou a nai de Eneas que nos contou un conto inventado por ela e por Eneas que despois él dibuxou no cole e deulle unha sorpresa á súa nai cando apareceu na casa con toda a historia ilustrada.
Tamén contounos outros dous contos: A vella na botella e Orellas de bolboreta. Se tedes a oportunidade non deixedes de lerllos outra vez.
O seguinte contacontos foi da curmán de Xoel. Ela contounos un conto moi apropiado para estas idades onde a un neno se lle caia un dente na escola.
Moitas grazas por vir a facer o que máis nos gusta. Animadevos!!!
1 comentarios:
Menuda sorte tivéchedes! Vese que disfrutaron un montón cos contos. Unha aperta.
Publicar un comentario