GRANXA ESCOLA BELELLE

12 ago. 2014

O pasado 18 de xuño realizanos a excursión de fin de curso á granxa escola Belelle.
Mirade que caras de felicidade e nerviosismo tiñan.




Foi unha xornada chea de actividades, realizamos varios obradoiros: 
*Elaboración do pan: Probamos a fariña, dixéronnos cales eran os ingredientes necesarios (fariña, auga, levadura e sal), algún probou a masa e amasamos coma se fose plastilina ata conseguir unhas bolas moi ben feitiñas que metinos no forno e mentres esperabamos a que se fixeran fomos a outro obradoiro.










*Plantación de fabas: Neste obradoiro vimos as sementes que metimos en botes con terra e sabiamos que necesitaban auga e sol para que medraran. Seguro que pasados xa os días algún de vos xa ten unha prantiña na súa casa.








*Montar en poni: Foi un dos obradoiros que máis inquietude lles provocou xa que algún lle tiña un pouco de medo. Pero ainda que non quedou constancia gráfica os que nun principio dicían que non montarian ao final animáronse. Son uns valentes.



Obradoiro de aves: Realizamos un percorrido pola granxa vendo as diferentes aves que teñen, ensináronnos varios ovos e por último démoslles de comer ás galiñas.







Para repoñernos de tanta actividade tivemos un tempo para comer. Que fame!!!





0 comentarios:

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.