Este ano decidimos ir disfrazados de personaxes de contos e como somo moitos que mellor que ir de Dálmatas. Non eramos 101 pero 49 Dálmatas xa fan.
Na confección dos disfraces axudarónnos, coma sempre, as nais ( nesta ocasión os pais non puideron) nun obradoiro organizado pola profe. Mirade canto recortaron. Moitas grazas a todas pola vosa colaboración.
Coma podedes ver ao fundo estaba unha silla de bebe. Non é parte do proxecto que estamos a traballar era Jorge o irmán de Jimena que veu coa súa nai con tan só 15 días.
O noso traballo no disfrace era facer as medallas e as orellas.
Nas medallas tiñamos que facer o número que nos correspondía con gomets pero antes traballamos os números, cales tiñamos que poñer, como se formaban esos números, contamos...
Para facer as orellas tiñamos que pintar as tiras e despois as orellas.
E xa estabamos preparados para celebrar a festa de Entroido que tivemos que aprazar unha semana.
1 comentarios:
Un gran traballo en equipo. Unha aperta.
Publicar un comentario