Dende a xanela de infantil desexámosvos unhas Felices Festas.
FELICES FESTAS
22 dic 2015
DÍA DO MAESTRO/A
27 nov 2015
Hoxe día 27 de novembro conmemoramos o día do maestro/a. Por iso quero desexar a todos/as os meus compañeiros/as un bo día.
Tamén gustaríame contarvos o que pasou no meu cole fai hoxe unha semana: a miña compañeira Pili recibiu a visita dun antiguo alumno que comezaba a carreira de maxisterio e que lle gustaría facer as prácticas coa súa profe de infantil.
Non me digades que esta experiencia non é moi gratificante. A pegada que deixamos nos nosos alumnos e que ás veces non nos decatamos.
Moitas felicidades Pili polo teu traballo!!!
DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS
22 nov 2015
Como cada 20 de novembro adicamos ese día aos dereitos dos nenos e das nenas e nos para celebralo fixemos este mural.
POLO SAN MARTIÑO ...
11 nov 2015
...trompos ao camiño. Pois nós o que fixemos foi xogar cunhas peonzas feitas con serpentinas. Mirade o ben que o pasamos.
DIA DO SORRISO
2 oct 2015
FELICIDADES MICAELA!!!
28 ago 2015
Xa estamos rematando as vacaións de verán e que mellor que facelo co aniversario da nosa compañeira Micaela.
FELICIDADES MISHELLE
19 jul 2015
Ainda que estás en Uruguai sempre nos recordademos de ti e hoxe é un día moi especial xa que cumples 6 anos.
FELICIDADES ANXO!!!
17 jul 2015
Hoxe é o aniversario do noso compañeiro Anxo. Pode ser que nos vexamos en Pampaido ou en Areas pero como é pouco provable te felicito a través do blog.
PEQUEPUZZLES
13 jul 2015
Para xogar un pouco durante estos días aquí tedes un xogo para facer Puzzles. Espero que vos gusten.
FELICIDADES ANIA!!!
6 jul 2015
Hoxe é o aniversario da nosa compañeira Ania. Como estamos de vacacións non podemos felicitala en persoa pero o faremos a través do blog.
XOGAMOS COS PLANETAS
4 jul 2015
Durante o curso estivemos investigando sobre os planetas e grazas a nosa compañeira Eva podemos xogar un pouco durante esta época estival. Pinchade na imaxe e a disfrutar!!!
FESTIVAL FIN DE CURSO
30 jun 2015
Para rematar o curso preparamos coa colaboración da profe de música, Paula a canción Paco Papán para a actuación no festival.
PICNIC
29 jun 2015
Despois de vir de Catro Camiños de ver o teatro coma na nosa clase ía moita calor que mellor que merendar no patio e coma os xoves temos pan era moi doado facelo. Pasámolo moi ben, incluso xogamos a varios xogos coma A zapatilla por detrás e ao Lobo.
CANTOS CONTOS CONTAS
O día anterior a rematar as clases a A.N.P.A tiñanos preparada a obra de teatro e monicreques Cantos Contos Contas de Titereficciós.