O BISCOITO DE COCORICO

2 feb. 2017



Un dos contos traballados ao longo do primeiro trimestre foi o de Marisa Núñez Folla, Cocorico.
É un conto que lles gusta moito ainda que ao principio algúns tíñanlle medo ao Gato Pelado.




Coma no conto nos di coma facer un biscoito decidimos facelo pero antes pedímoslle axuda as nosas familias para que nos mandaran máis receitas de biscoito e asi ver cal faciamos. Decidímonos por unha faciliña a de biscoito de iogurt. Así que mans a obra...

O primeiro foi botar o iogurt...

Despois os ovos...




Agora toca remexer un pouco...



Engadimos o azucre...



E agora o aceite...


Volvemos a remexer outro pouco...


E por último engadimos a fariña...


















Mezclamos todo e xa está lista a masa para botala no molde e introducila no forno.
Sentimos non ter fotos do noso biscoito pero estaba moi bo.

1 comentarios:

Ana Martinez dijo...

Seguro que estaba boísimo. Unha aperta.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.