Sabedes que dende a clase de música nos propoñen una viaxe musical para coñecer diferentes estilos.
Aos nenos de cinco anos tocoulles música mugardesa e despois de buscar e buscar atoparon a Sofía Espiñeira, gustoulles tanto a súa música que contactouse con ela e o día 8 de marzo visitounos para facernos un pequeno concerto.
Como somos uns verdadeiros fans decidimos facerlle un agasallo e para iso xuntámonos todos na clase de catro e decoramos unha guitarra xa que é o instrumento que ela toca.
A profe Ruth mollaba o papel cun esprai e nos facíamos puntos con rotoladores..
Tamén esparcimos confeti...
E chegou o momento da súa actuación.
Mirade que caras tiñamos de abraiados. A música en directo gustamos moito.
chegou o momento da darlle o noso agasallo.
0 comentarios:
Publicar un comentario