É unha tradición galega celebrar o comezo da primavera coa festa dos Maios. A asociación cultural Apelón quixo recuperala e para iso o 5 da maio elaboramos un Maio coa a súa axuda.Ese día viñemos ao colexio cunha flor.
Fomos ao patio cuberto e ali atopamos coma dúas árbores que eran as estructuras sobre as que colocariamos as nosas flores.
Dende a asociación explicáronnos esta tradición que eles realizaban cando eran pequenos.
Ademáis de facer o Maio tamén aprendimos unha cantiga e un baile, e os nenos e nenas de catro anos realizaron unhas coroas de flores para ese día. Mirade que bonito nos quedou o Maio e que guapos estabamos.
E para rematar que mellor que ensinárvos a nosa actuación coa colaboración dos maiores na percusión.
0 comentarios:
Publicar un comentario