O 11 de setembro iniciamos un novo curso. Nesta ocasión ademáis de ter unha nova clase, xa estamos en catro anos!!!, tamén estreamos unha maneira distinta de ver a escola, as clases transformáronse en diferentes ambientes.
A nosa clase é o de natureza, experimentación.
A clase de tres anos é a de xogo simbólico, onde xogamos a facer cousas de adulto como xogar as tendas, a cociña , a cama...
Tamén hai un espazo para disfrazarse
Neste ambiente temos sitio para relaxarnos e ler un conto así como inventar divertidas historias cos títeres.
Ata podemos xogar a facer unha especie de twister cos números.
A clase de cinco é para facer todo tipo de actividades plásticas por iso lle chamamos o ambiente de arte.
Plastilina
Debuxo
Construccións
Inserir
Si queredes ver o que fixemos ao longo da primeira semana no cole podedes ir o noso novo blog.