O 30 de outubro estivemos no cole dos maiores. Aproveitando que eles ian de excursión, uns as fragas do Eume e outros ao colexio da Capela, as profes decidiron que nós tamén. Para nós visitar o colexio dos maiores é sempre unha experiencia. Tiñamos o cole todo para nós!!!
Primeiro que fixemos foi xuntarnos na biblioteca e presentarlles aos máis pequenos a Dominicus, o dragón da biblioteca, e a Douradiña, a fada de outono.
Despois das presentacións os nenos e nenas de cinco anos tiñannos preparados un espectáculo circense no patio cuberto. Cando os vimos chegar quedamos coa coba aberta!!!.
A función do circo comezou coa actuación de dous equilibristas, Martín Romero e Jorge que camiñaron con moita destreza pola corda floxa.
Os seguintes en actuar foron as parellas de malabaristas formados por Xoel e Gabriel e Andrea e Naiara que realizaron uns dificilísimos lanzamentos de pelota.
A continuación o espectáculo do grupo de equilibristas formado por Eneas e Saúl que realizaron uns desplazamentos polos bancos seguido de varios saltos mortais.
Non podían faltar os contorsionistas Noela, Carlota Teijo, Alejandro e Martín Rodríguez.
Deseguido viñeron as bailarinas Carlota Fernández, Noemí, Alicia e Noa acompañadas pola orquestra formada por Teresa, Endika, Lara e Daniela que nos deleitaron cos seus ritmos.
Nun circo que se precie non pode faltar un número de maxia e non ian ser menos. Os grandes magos Anxo e Rubén tiveron que descubrir a un compañeiro, elexido ao chou, cos ollos tapados.
E para rematar o máis difícil todavía. A actuación estelar de Dominicus que atravesa un aro sostido por Borja e Sheila.
E o lanzamento dunha pelota cun stik axudado por Douradiña.
Despois do circo chegou o momento da merenda xa que tiñamos que coller folgos para realizar unha visita ao bosque de Douradiña a recoller follas.
Estivemos recollendo un montón de follas secas e buscando algún cogumelo pero non os atopamos ata que Javi cando marchabamos atopou un grupiño de pequenos cogumelos.
E para rematar a xornada que mellor que felicitar a profe Andrea que estaba de aniversario.
Que día máis completo!!!
1 comentarios:
Menuda excursión! Vexo que o pasáchedes fenomenal. Seguro que queren voltar axiña. A miña noraboa para os artistas circenses que o fixeron fenomenal. Unha aperta.
Publicar un comentario