Para rematar o curso preparamos coa colaboración da profe de música, Paula a canción Paco Papán para a actuación no festival.
FESTIVAL FIN DE CURSO
30 jun 2015
Etiquetas:
2015,
festival fin de curso
PICNIC
29 jun 2015
Despois de vir de Catro Camiños de ver o teatro coma na nosa clase ía moita calor que mellor que merendar no patio e coma os xoves temos pan era moi doado facelo. Pasámolo moi ben, incluso xogamos a varios xogos coma A zapatilla por detrás e ao Lobo.
Etiquetas:
patio
CANTOS CONTOS CONTAS
O día anterior a rematar as clases a A.N.P.A tiñanos preparada a obra de teatro e monicreques Cantos Contos Contas de Titereficciós.
Etiquetas:
Teatro
EXCURSIÓN FIN DE CURSO
28 jun 2015
O pasado 16 de xuño realizamos a visita didáctica a Marcelle Natureza.
Ao chegar o primeiro que fixemos foi deixar as nosas mochilas nunha furgoneta e despois coñecer a monitora que nos acompañou toda a xornada.
Vimos moitos animais...
Incluso algún dos que traballamos ao longo do curso coma os canguros.
Un dos que máis nos gustou foi Tito, o oso.
Tamén había esculturas.
Tivemos que percorre todo o parque atendendo as explicacións da monitora.
Así que foi o momento de sacarmos unha foto de grupo.
E xa a comer...
Tiñan moita fame foi unha das veces que tan ben os vin comer.
Carmen quería que lle sacara unha foto para demostralle a súa nai que comeu todo.
E despois dunha xornada tan movidita chegou o momento de marchar así que a recoller as nosas mochilas e xuntarnos para cantar a canción que nos ensinaron.
Etiquetas:
excursións,
Marcelle
Suscribirse a:
Entradas (Atom)